Inicio da campaña marisqueira en Noia

O pasado 19 de outubro arrancou a campaña de marisqueo en Noia na que participan case 2.000 persoas que extraen os moluscos bivalvos a pé e dende embarcación. O Berberecho de Noia está certificado pola marca de calidade pescadeRías, ¿de onde se non? contando ademáis co seu propio selo de calidade.

.

Programa de apoio a empresas agroalimentarias

A Fundación Juana de Vega convoca a XI edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: un programa de formación e mentorización orientado a axudar a persoas emprendedoras no deseño e implantación dos seus proxectos empresariais, así como para empresas existentes que precisan abordar proxectos de mellora.

Convocatoria de PERMEX

RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, pola que se convoca o proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de orella de mar en embarcacións para o recurso específico peneira, mergullo en apnea ou con subministro de aire dende superficie, das confrarías de pescadores de Fisterra, Corcubión e Lira.

RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, pola que se convoca o proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de percebe, modalidade dende embarcación, da confraría de Pescadores de Corme.

Proxecto CLOCK

No proxecto CLOCK, desenvolto polo grupo Future Oceans Lab do CIM, na Universidade de Vigo, están a estudar os impactos da redistribución dos stocks pesqueiros debidos ao cambio climático para identificar respostas de adaptación que permitan soster o sistema socio-ecolóxico da pesca. Tras seis anos de traballo e máis de 15 investigadores/as involucrados/as no proxecto, fíxose unha aproximación global aos impactos na pesca e as adaptacións, para logo afondar nos sistemas socio-ecolóxicos pesqueiros en tres casos de estudo, entre eles o sector artesanal galego. Preme aquí para ver un artigo relacionado e aquí para ver un vídeo.

A receita do mes

A navalla é un apreciado molusco bivalvo procedente da nosa pesca artesanal, que nas costas galegas captúrase dun xeito altamente selectivo: recolléndoas a mergullo de unha en unha.

Rubén González, propietario do restaurante pontevedrés El Cafetín, adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, ofrécenos esta receita que foi publicada na sección Sabe bien de La Voz de Galicia, nunha reportaxe que destaca a importancia de utilizar peixes e mariscos certificados como garantía de calidade. Preme aquí para acceder a ela.

Feria Conxemar 2022

Del 04 al 06 de octubre se celebró la edición XXIII de la Feria Internacional de Productos del Mar Congelados, CONXEMAR, en el Instituto Ferial de Vigo que reunió a 700 empresas de 42 países.

La Feria CONXEMAR, consolidada cómo referente del sector del congelado a nivel mundial y con una superficie expositiva actual de 37.000 m2, es un gran punto de encuentro para el sector transformador, mayoristas, importadores, exportadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria e industria auxiliar.

La Consellería do Mar estuvo presente con el stand institucional de la Xunta de Galicia que sirvió de punto de encuentro para los profesionales del sector del mar y con un espacio para 10 empresas coexpositoras entre las que estaban las entidades certificadas Frigoríficos de Camariñas S.L., Real Conservera Española S.L. y El Percebeiro S.L. Tuvieron stand propio las empresas certificadas Mariscos Daporta S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S. L., Porto Muiños y Frigoríficos Botana S.L.