O pasado 11 de outubro, a empresa certificada Pulponor, S. Coop. Galega, realizou unha acción de promoción dos seus produtos en Makro de A Coruña, no marco dunha campaña que está levando a cabo este establecemento para a posta en valor dos provedores locais.
Durante toda a mañá, a clientela degustou polbo elaborado por unha polbeira tradicional e coñeceu a marca comercial Polbodelonxa, baixo a cal Pulponor comercializa este cefalópodo, procedente de lonxas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.