Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR 2021

Entre os días 3 e 7 de novembro, celebrouse en Ourense o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR 2021.

O xoves 4, os produtos pescadeRías estiveron presentes en dúas demostracións de cociña en directo a cargo da cociñeira Maica Couto e Diego Domínguez (A Ostrería, Santiago de Compostela) baixo o lema “A Despensa da pesca artesanal” con preparacións con ourizochoco como protagonistas e “Suculento tesouro atlántico” na que se utilizaron navallas de Fisterra e xurelo. O venres 5, Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas, Lalín) estivo a cargo da mostra de cociña “pescadeRías, de proximidade e con selo propio” onde os productos da pesca artesanal utilizados para a elaboración dos pratos foron volandeira e robaliza.

Preme aquí para ver un vídeo.