Curso de recoñecemento de especies de interese comercial en Galicia

O 5 de xullo, no marco do selo pescadeRías, ¿de onde se non?, tivo lugar o primeiro dos cursos de recoñecemento de especies de interese comercial na lonxa de Ribeira. Esta actividade formativa está dirixida a persoal de lonxas e ten como obxectivo mellorar o coñecemento das especies pesqueiras amosando as características máis importantes da súa anatomía, chaves para a identificación das especies que poden levar a confusión. O curso foi impartido por Rafael Bañón, doutor en ciencias biolóxicas e experto ictiólogo. Á acción formativa convócase tamén ao persoal das lonxas próximas ao lugar de celebración para que poidan asistir.

Nos próximos meses organizaranse máis cursos nas principais lonxas certificadas que subastan capturas de peixe.