35 Salón Gourmets de Madrid

Do 25 ao 28 de abril celebrouse a 35 Edición do Salón de Gourmets en Madrid. A Consellería do Mar estivo presente cun stand acompañado de 18 empresas coexpositoras. Na presente edición asistiron 6 empresas certificadas: Porto – Muíños, S.L.Conservera Gallega, S.A.Conservas Portomar, S.L.U.Conservas La Brújula, S.L.Mares de Galicia, S.A. e HQ Seaweed S.L.

Así mesmo, no Espazo de catas, tiveron presenza os produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?. As cociñeiras encargadas das preparacións foron Emma Pinal de Gastrobar O Birrán (Ribadavia) e Begoña Vázquez de O Regueiro da Cova (Verín), que elaboraron pratos con xarda, choco, berberecho de Noia, carneiro, ameixón e algas. Preme aquí para ver un vídeo do evento.