Salón Alimentario do Atlántico – SALIMAT A BANCA

Do 8 ao 11 de xuño celebrouse en Silleda unha nova edición do Salón Alimentario del Atlántico – SALIMAT A BANCA, un dos principais foros e puntos de encontro do sector agroalimentario a nivel nacional e referente no noroeste peninsular. A Consellería do Mar estivo presente, como todos os anos, cun stand institucional e unha sala de catas onde se degustaron produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

As preparacións, nas que se utilizaron carneiro, ameixa babosa, sardiñachocoxurelo, sargo, zamburiña, xarda, navallarobaliza e algas, foron levadas a cabo polos/as cociñeiros/as Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia) e Maica Couto e Diego Domínguez (A Ostrería – Nave 5, Santiago de Compostela). Así mesmo, a Confraría de Pescadores de Portosín e Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L., ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, contaron con stand no evento. Preme aquí para ver un vídeo.