Corazón da Artesanía 2023

«Unha cociña para facer feliz á xente». Así definiu Jorge Gago, chef dos restaurantes A Maceta e O Testo de Santiago de Compostela, a súa demostración de cociña con produtos frescos e en conserva certificados pescadeRías, ¿de onde se non?

O acto celebrouse o 8 de xullo no X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia en Os Pendellos, Agolada.

Podes ver unha galería de imaxes aquí.

Festa da Vieira 2023

Do 14 ao 16 de xullo celebrouse a XIX edición da Festa da Vieira de Cambados, organizada pola Confraría de pescadores de Cambados coa colaboración da Consellería do Mar e o Concello de Cambados. O persoal técnico da marca dinamizou os tres showcooking con vieira de Porto de Cambados S.L., certificada por pescadeRías, ¿de onde se non?

Aos fogóns estiveron os cociñeiros Juanjo Pérez do restaurante Cocinandos de León, Xan Galbán do restaurante María Castaña de Santiago de Compostela e Alberto Castiñeiras do restaurante Gondal de Ibiza. Preme aquí para ver un vídeo resume.

Festa do percebe de Aguiño

O 6 de agosto celebrouse a  XXIV Edición da Festa do Percebe de Aguiño, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

No evento, organizado pola Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira, degustouse preto dunha tonelada deste crustáceo, certificado baixo selo de pescadeRías, ¿de onde se non?

Empresa do mes: Confraría de Barallobre

A Confraría de Pescadores de Barallobre conta cunha instalación depuradora propia e comercializa e distribúe o seu marisco como Mariscos de Barallobre. A lonxa (Bivalvos, Equinodermos e Gasterópodos) e depuradora (Bivalvos) están certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?

A confraría celebrará os días 19 e 20 de agosto a «Festa Mariñeira de Barallobre», para conmemorar o centenario da entidade. Preme aquí para ver o cartel.

Especie do mes: Escarapote de pedra

O escarapote de pedra (Scorpaena scrofa) é un peixe semigraxo que posúe un corpo robusto, alongado, cuberto de repregues e espiñas.

A súa cor dominante é a vermella, aínda que pode variar entre rosácea e vermella parda. Presenta unhas manchas pardas que se espallan tamén polas aletas.

Podes atopar máis información sobre esta especie nesta ligazón.

Formación en Hixiene Alimentaria

O 3 de xullo realizou formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos o persoal que realiza a primeira venda na lonxa de Ribeira. Esta formación é imprescindible para traballar con produtos do mar e require dunha actualización de coñecementos periódica.

A lonxa de Ribeira S.L. está certificada para os seguintes grupos biolóxicos: Peixes, Bivalvos, Cefalópodos, Crustáceos, Equinodermos e Gasterópodos.

Certificacións e renovacións

Damos a benvida á empresa Costas y Miñán S.L. de Cambados, especializada na elaboración de conservas e patés de pescado e marisco desde 1966. A empresa superou a auditoría inicial de certificación na marca pescadeRías, ¿de onde se non? para moluscos bivalvos e cefalópodos, que se comercializarán coas marcas comerciais Mariscadora e Mariscadora Selecta.

No mes de xullo renovaron a certificación para o grupo biolóxico de Moluscos Bivalvos a lonxa da Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilaxoán e a lonxa de mariscos do Porto Pesqueiro de Vigo xestionada pola Autoridade Portuaria de Vigo.

Cursos Mariñeiro Pescador

A Consellería do Mar convoca  tres cursos de mariñeiro pescador, na modalidade en liña, nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueira de Ferrol e Ribeira, e no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo. O período lectivo é do 13 de setembro ao 13 de outubro de 2023. A preinscrición pódese realizar ata o 21 de agosto.

Consulta as bases segundo o centro:

Ferrol aquí

Ribeira aquí

Vigo aquí

Veda do choco

Publicadas as resolucións da Consellería do Mar polo que se establecen os períodos de veda para a pesca do choco (Sepia officinalis) nas Rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

Nas Rías de Vigo e Pontevedra a veda queda comprendida entre o 17 de xullo de 2023 e o 31 de outubro de 2023, ambos inclusive. Na Ría de Arousa, do 31 de xullo ao 31 de outubro de 2023, ambos inclusive.

Resolución Ría de Vigo aquí

Resolución Ría de Pontevedra aquí

Resolución Ría de Arousa aquí