Formación en escolas de Hostalaría

A  partir do mes de marzo, a marca pescadeRías, ¿de onde se non?  comezará a impartir un programa formativo en centros de Hostalaría de Galicia.

Desenvolveranse charlas informativas e obradoiros prácticos para dar a coñecer ao alumnado o significado, os produtos, os requisitos e o funcionamento da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, así como amosar os oficios do mar e as artes de pesca, o etiquetado e a trazabilidade dos produtos do mar. Aprenderán a coñecer e a diferenciar especies de interese comercial e fomentarase o consumo responsable e o cumprimento da seguridade alimentaria, entre outros.