O eurodeputado e membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, visitou a lonxa de Ribeira acompañado da Conselleira do Mar, onde puido comprobar o funcionamento deste centro co obxectivo de trasladar a Europa a realidade da pesca galega. Durante a visita, tivo lugar un encontro co xerente da lonxa e o patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, no cal se abordou a reforma do regulamento de control pesqueiro proposta pola Comisión Europea.