Renovación de certificacións

En setembro renovaron a súa certificación a Lonxa de Portonovo (peixes, bivalvos, cefalópodos e equinodermos); a Lonxa de Barallobre (bivalvos e ampliación a equinodermos); Mariscos Malliño, como distribuidor de bivalvos; Mariscos de Campelo, que renovou a certificación de bivalvos e ampliou a cefalópodos e equinodermos; Europesca Gallega, que se recertificou para cefalópodos e ampliou a bivalvos e crustáceos; Demarsusa e José María Daporta e Hijos, que renovaron ambas a súa certificación para moluscos bivalvos. Consulta aquí os grupos de especies para os que están certificados os usuarios da marca.

Próximo sorteo no Facebook

Poñemos en marcha un novo sorteo a través da nosa páxina de Facebook, entre o 3 e o 31 de de outubro. Sortearemos tres kits compostos por bolsa da compra, mandil, camiseta, manopla de cociña, libreta e bolígrafo.

Nesta ocasión queremos saber cal é o teu peixe favorito. Para participar só tes que entrar no post do sorteo publicado no Facebook, premer “Gústame” e dicirnos cal é o peixe que máis che gusta comer. Tamén nos podes contar cal é o peixe que prefires cociñar… Así de sinxelo!

A receita: Xiba á mugardesa

A receita deste mes está protagonizada por un cefalópodo moi saboroso: a xiba. Ofrecémosvos unha receita de xiba á mugardesa, de Juan Carlos Alonso, autor do blog www.gastronomiaenverso.es, que nos explica paso a paso como elaborar este saboroso guiso mariñeiro. Preme aquí para ver a receita completa.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.

 

Servizo de apoio á comercialización e promoción de produtos do mar

O Clúster Alimentario de Galicia lanza a convocatoria do Servizo de apoio á comercialización e promoción de produtos do mar, promovido pola Consellería do Mar co apoio do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Dirixido a pequenas e medianas empresas transformadoras, organizacións de produtores e entidades relacionadas coa produción e transformación de produtos do mar. Trátase dun servizo de balde, centrado na mellor maneira de presentar a súa empresa dende a mercadotecnia no desenvolvemento comercial e na promoción dos seus produtos. O prazo de inscrición ampliouse ata o 5 de outubro.

Descarga aquí o programa. Toda a información aquí.