Novos usuarios

Este mes incorporouse como novo axente certificado da marca a Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, que xestiona a Lonxa de Canido. Acaban de obter a certificación pescadeRías ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos, cefalópodos e crustáceos, que xa poden atoparse no mercado con este distintivo. Ademais, realizouse con éxito a auditoría de seguimento de Frigoríficos Moldes, que comercializa polbo certificado baixo a marca «La Marina».

¡Parabéns!!

Axudas e subvencións

Está aberta a convocatoria de subvencións da Consellería do Mar dirixida ás organizacións de produtores pesqueiros e ás asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura. Descargar aquí.

Tamén está aberta a convocatoria para a presentación de proxectos aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, ata o 1 de marzo. Podes consultar a información de contacto dos grupos aquí. 

Actividades formativas

En xaneiro formamos ao persoal da Lonxa de Baiona en materia de boas prácticas de manipulación de produtos pesqueiros e APPCC.

Ademais, comezamos a visitar os centros de formación en hostalería para dar a coñecer entre os futuros restauradores a marca pescadeRías, ¿de onde se non? e os produtos da pesca artesanal galega. Os primeiros centros en participar, o CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, e o CIFP Compostela.

Reunión na Mariña

A raíz da certificación de Armadores de Burela-ABSA como usuario para a comercialización de cefalópodos, mantivemos unha reunión cun grupo de minoristas e distribuidores da Mariña Lucense, de cara a estudar a posibilidade de certificarse.

Estamos a disposición de toda empresa de comercialización,  distribución ou transformación interesada en coñecer máis en profundidade a marca pescadeRías, así como dos minoristas e restaurantes. Poden solicitar unha reunión no noso correo-e.

Sorteo de Reis

A gañadora do noso sorteo de Reis foi Gabriela Rodríguez, de Marín. Recibiu un lote de conservas certificadas, con produtos de  Paco Lafuente, Frinsa, Los Peperetes, Portomuiños, Rosa Lafuente, Ramón Peña, Mar de Silleiro, Conservas Tradicionais Currimar e Pandomar. E damos fe de que está gozando delas, pois xa nos mandou algunhas fotos das súas elaboracións. Parabéns!

En breve publicaremos o vindeiro sorteo na nosa páxina de Facebook. Síguenos!

Receita do mes: Focaccia de Raia

A pizza é unha elaboración moi popular, que poucas veces nos atrevemos a facer na casa.  A receita deste mes, que nos achega o Restaurante Ruta Jacobea, proponnos unha versión fácil e alternativa á clásica pizza, para que poidamos facela na casa: unha focaccia que ten como ingrediente principal a raia. Xa veredes que sinxela… Podes ver a receita completa aquí.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.

PescadeRías ¿de onde se non? en Xantar 2017

Do 1 ao 5 de febreiro estivemos en XANTAR, promocionando os produtos da pesca artesanal galega. Con Lucía Freitas Rodriguez, Miguel Mosteiro, Fran Sotelino e Jose Manuel Mallón ao mando dos fogóns, os produtos certificados pescadeRías, ¿de onde se non? luciron como nunca. O público puido tomar boa nota de cales son as mellores preparacións para sacarlle o máximo partido á mellor materia prima: os peixes e mariscos das nosas rías.
Podes ver aquí o vídeo resumen das actividades realizadas na aula de catas.