El ganador del último sorteo en nuestra página de Facebook, Juan Carlos Calde Wrong recibió el bono correspondiente a una degustación para dos personas en el Restaurante A Horta do Obradoiro. Sabemos que la reserva ya está hecha, a ver si nos manda alguna foto! A partir del 17 de julio pondremos en marcha un nuevo sorteo promocional que tendrá como premio una jornada de marisqueo para conocer de primera mano cómo se extraen los moluscos bivalvos. No dejéis de participar en nuestra página de Facebook.
La receta del mes
Estamos en tiempo de navajas, así que os presentamos una receta protagonizada por este molusco: Navajas en tempura picante con fresas, un plato sorprendente que nos ofrece Rocío Garrido, editora del gastroblog “La cocina de mi abuelo”. Para ver la receta pulsa aquí.
Si quieres que publiquemos tu receta, envíanosla por correo-e, indicando ingredientes, elaboración y una foto.
pescadeRías ¿de onde se non? en Nueva York
La marca pescadeRías estuvo presente en el Galician Cinema & Food Festival que se celebró del 27 a 30 de junio en el Instituto Cervantes de Nueva York. Un festival de promoción del cine y la gastronomía de Galicia, donde los productos certificados pescadeRías protagonizaron las elaboraciones del cocinero Iván Domínguez. El público, compuesto por personas procedentes del mundo de la comunicación, degustó conservas certificadas de Portomuiños y pulpo certificado de Frigoríficos Rosa de los Vientos. Para ver el vídeo de presentación del evento, pulsa aquí.
Un paseo por Salimat 2017
Do 8 ao 11 de xuño estivemos no Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA, dando a coñecer os produtos da pesca artesanal galega. As demostracións de cociña en directo e os obradoiros tiveron unha fantástica acollida por parte do público, que se achegou a produtos pouco habituais nos menús das nosas casas, e a elaboracións diferentes dos peixes e mariscos máis coñecidos. Podes ver aquí un vídeo resume do evento.
Novas especies certificables
Durante os últimos meses, o equipo de xestión da marca pescadeRías, ¿de onde se non? estivo traballando na ampliación do listado de especies certificables baixo este selo de calidade. Como resultado deste traballo, incorporáronse á marca 21 novas especies, coa seguinte distribución por grupos biolóxicos: once especies de peixes; catro de equinodermos, dous crustáceos, dous bivalvos, un cefalópodo e un antozoo. Consulta aquí o listado completo de especies certificables.
No Corazón da Artesanía Galega
Do 7 ao 9 de xullo, os produtos certificados da marca pescadeRías ¿de onde se non? serán protagonistas nas demostracións de cociña que terán lugar nos Pendellos de Agolada, con ocasión do VI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Como mestres de cerimonias, Javier Rodríguez Ponte «Taky», Diego López «Moli», Héctor López, Jorge Gago, e Lucía Freitas, que deleitarán ao público coas súas creacións. Consulta aquí o programa e inscríbete!
Vigo Seafest
Do 7 ao 9 de xullo, a marca pescadeRías ¿de onde se non? contará cun stand informativo no Vigo Seafest, que se celebrará en Vigo, organizado por ARVI. Neste stand, o público poderá coñecer as características dos produtos da pesca artesanal galega: especies e artes coas que se capturan, tempada de consumo, tallas mínimas, sistemas de trazabilidade e, como non, información sobre a marca pescadeRías como garantía de orixe e frescura. Toda a información en: https://www.vigoseafest.com
Festa da vieira
Do 14 ao 16 de xullo celebrarase en Cambados a Festa da Vieira, organizada por Porto de Cambados SL, coa colaboración da Confraría de Cambados e a Consellería do Mar, entre outras entidades. As xornadas de degustación, protagonizadas por vieira certificada, levaranse a cabo baixo a batuta de Beatriz Sotelo, coa colaboración de Inés Abril e Leonor Costiña. A festa está declarada de Interese Turístico Galego. Descarga aquí o cartel.
Festa do longueirón vello
A confraría de Redondela celebrou a II Festa de Exaltación do Longueirón Vello con grande éxito de participación. Os socios e socias da entidade, así como o persoal técnico, participaron tanto na organización do evento como na elaboración dos pratos. O produto púidose degustar á prancha, en salsa, con arroz e en empanada de trigo e millo. Dada a demanda da pasada edición, nesta ocasión duplicouse o produto posto á venda, todo un éxito!
Obradoiro Técnicas de corte
Durante a última edición do Salón da Alimentación do Atlántico-SALIMAT, a marca pescadeRías ¿de onde se non? organizou un obradoiro de técnicas de corte de peixes. Nel participaron unha quincena de gastrobloggers que puideron coñecer, da man da cociñeira Lucía Freitas, os mellores cortes para sacarlle o máximo partido tanto aos peixes planos como aos cilíndricos. Seguro que nos vindeiros meses veremos como aplican esas técnicas nos seus pratos!