Importadores de máis de 10 países visitaron a fábrica de Conservas La Brújula, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, para coñecer as súas instalacións e os procesos de elaboración dos seus produtos. A visita tivo lugar no marco dunha misión comercial inversa en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia.
Novas adhesións en Fisterra
Impartimos unha charla informativa sobre a marca pescadeRías, ¿de onde se non? á Asociación do Sector Turístico Finisterre que ten entre os seus obxectivos promover a pesca artesanal sostible. Tres dos seus membros, adheríronse á marca: Restaurante O Peirao, Restaurante Rombos e Marisquería A Palaxa. Benvidos!!
Recertificacións
Frigoríficos de Camariñas, S.L. renovou a súa certificación para o selo pescadeRías, ¿de onde se non?. A empresa, adicada á conxelación e distribución de polbo, etiqueta baixo a marca o produto galego procedente de lonxas certificadas, que volve a estar presente no mercado tras o remate da veda a primeiros deste mes de xullo.
Normativa sectorial
Publicada a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018 pola que se convocan eleccións para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, incluídas as súas agrupacións sectoriais, e das súas federacións e o DECRETO 64/2018, do 7 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións.
Actividades formativas
Distribuidores de peixe e marisco e minoristas que mercan os seus produtos na Lonxa de Ribeira, actualmente en proceso de certificación, participaron nunha charla informativa sobre o selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
Por outra banda, o persoal da Confraría de Cabo de Cruz, recibiu formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos.
A receita do mes
O ameixón (Callista chione) é un bivalvo de grande tamaño pouco coñecido na nosa gastronomía pero que se extrae nas nosas rías e podemos atopar baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
O chef José Manual Mallón fainos esta refrescante proposta de preparación que vos animamos a probar coa que seguro sorprenderedes aos vosos convidados. Para ver a receita preme aquí.
pescadeRías ¿de onde se non? en Nueva York
La marca pescadeRías. ¿de onde se non? estuvo presente en el Galician Cinema & Food Festival que se celebró del 28 de junio al 02 de julio en Nova York. Un festival de promoción del cine y la gastronomía de Galicia, donde los productos certificados pescadeRías formaron parte de las elaboraciones de los cocineros Fran Novás y Rogelio García de Tomiño Taberna Gallega.
El público, compuesto por personas procedentes del mundo de la comunicación y de la industria de la distribución, pudo degustar conservas certificadas de Conservas de Portomar y de Conservas La Brújula. Además, estas dos empresas participaron en la Feria Fancy Food Show en el Javis Center en Manhattan. Aquí puedes ver una noticia sobre el evento publicada en La Voz de Galicia y aquí fotos de la jornada.
pescadeRías ¿de onde se non? en Nova York
A marca pescadeRías. ¿de onde se non? estivo presente no Galician Cinema & Food Festival que se celebrou do 28 de xuño ao 02 de xullo en Nova York. Un festival de promoción do cinema e a gastronomía de Galicia, onde os produtos certificados pescadeRías formaron parte das elaboracións dos cociñeiros Fran Novás e Rogelio García de Tomiño Taberna Gallega.
O público, composto por persoas procedentes do mundo da comunicación e da industria da distribución, puido degustar conservas certificadas de Conservas de Portomar e de Conservas La Brújula. Ademais, estas dúas empresas participaron na Feira Fancy Food Show no Javis Center en Manhattan. Aquí podes ver unha noticia sobre o evento publicada en La Voz de Galicia e aquí fotos da xornada.