No emblemático edificio coñecido como “La Pescadería”, obra do arquitecto Rodolfo Ucha, que data de 1910, integrado no Mercado de A Magdalena de Ferrol, podemos atopar unha grande variedade de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal. Unha grande parte deles proceden da lonxa de Ferrol e da lonxa de Cedeira, ambas certificadas pola marca.
Nas súas instalacións, teñen os seus postos Peixes Niki, Peixes Lano, Pescados Raúl e Susa e Peixería José, todos eles adheridos ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.