O choco está en plena tempada e comercialízase baixo a certificación pescadeRías, ¿de onde se non? en numerosas lonxas galegas.
O hábitat deste cefalópodo son fondos areosos cubertos de algas e zostera, e podemos atopalo dende augas superficiais ata os 200 metros de profundidade. Se queres coñecer máis curiosidades sobre esta especie preme nesta ligazón.