Nos caladoiros galegos podemos atopar máis de 20 especies de cetáceos, sendo inevitable a interacción destes coa frota pesqueira, coa que comparten un mesmo espazo. Neste escenario, o proxecto VIRADA, posto en marcha pola CEMMA, ten como obxectivo contribuir á protección da biodiversidade mariña e á sustentabilidade da pesca mediante a redución das capturas accidentais de cetáceos, en colaboración co sector pesqueiro. Podes ter máis información sobre este proxecto neste artigo de José Martínez Cedeira, presidente da CEMMA, especialista en estudos de interacción cetáceos-pesca.
A receita do mes
Axeitada para os últimos días do inverno, a nosa proposta para este mes é unha receita tradicional da nosa cociña, caldeirada de pescada preparada polo chef Iñaki Bretal do restaurante O Eirado de Pontevedra.
Iñaqui Bretal, forma parte do Grupo Nove. A súa cociña aposta por produtos galegos de calidade, con gran presenza dos produtos do mar, que elabora destacando o mellor sabor de cada un deles, coidando a súa orixe e autenticidade.
Preme aquí para acceder a receita.
Formación en escolas de Hostalaría
A partir do mes de marzo, a marca pescadeRías, ¿de onde se non? comezará a impartir un programa formativo en centros de Hostalaría de Galicia.
Desenvolveranse charlas informativas e obradoiros prácticos para dar a coñecer ao alumnado o significado, os produtos, os requisitos e o funcionamento da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, así como amosar os oficios do mar e as artes de pesca, o etiquetado e a trazabilidade dos produtos do mar. Aprenderán a coñecer e a diferenciar especies de interese comercial e fomentarase o consumo responsable e o cumprimento da seguridade alimentaria, entre outros.