A DESPENSA DA RÍA é una iniciativa da Cofradía de Pescadores «San Martiño» de Bueu, certificada polo selo pescadeRías (peixe, crustáceos, cefalópodos, bibalvos, gasterópodos, equinodermos e antozoos) co obxectivo de facilitar a comercialización ao consumidor final dos produtos da súa lonxa. Nesta peixería on line podes atopar produtos descargados na Lonxa de Bueu pola súa frota artesanal e comercializados por peixerías locais, principalmente da praza de abastos.
Recertificacións
Durante o mes de outubro, leváronse a cabo auditorías de recertificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non? na Lonxa de Vigo (certificada para cefalópodos, crustáceos e peixe), xestionada pola Autoridade Portuaria de Vigo e na empresa de distribución de peixes e mariscos frescos, cetaria e cocedoiro de mariscos, Pescados y Mariscos del Noroeste, S.L. (certificada para peixes e crustáceos), con sede no porto de A Coruña.
Inicio da campaña da volandeira na ría de Arousa
O 3 de novembro comezou a campaña da volandeira na ría de Arousa cun tope de capturas autorizado de 40 kg por tripulante ata un máximo de 120 kg por embarcación. A arte empregada para a captura desta especie é o bou de vara.
Fin da campaña da zamburiña
O pasado 31 de outubro rematou a campaña da zamburiña na ría de Ferrol. Case a totalidade das capturas desta especie en Galicia (arredor de 30 toneladas en 2022) realízanse nesta ría, comercializándose nas lonxas de Ferrol, Barrallobre e Mugardos, certificadas polo selo pescadeRías.
Fin da veda da centola e o boi
Inicio da campaña marisqueira en Noia
O pasado 19 de outubro arrancou a campaña de marisqueo en Noia na que participan case 2.000 persoas que extraen os moluscos bivalvos a pé e dende embarcación. O Berberecho de Noia está certificado pola marca de calidade pescadeRías, ¿de onde se non? contando ademáis co seu propio selo de calidade.
.
Programa de apoio a empresas agroalimentarias
A Fundación Juana de Vega convoca a XI edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: un programa de formación e mentorización orientado a axudar a persoas emprendedoras no deseño e implantación dos seus proxectos empresariais, así como para empresas existentes que precisan abordar proxectos de mellora.
Axudas
Convocatoria de PERMEX
Proxecto CLOCK
No proxecto CLOCK, desenvolto polo grupo Future Oceans Lab do CIM, na Universidade de Vigo, están a estudar os impactos da redistribución dos stocks pesqueiros debidos ao cambio climático para identificar respostas de adaptación que permitan soster o sistema socio-ecolóxico da pesca. Tras seis anos de traballo e máis de 15 investigadores/as involucrados/as no proxecto, fíxose unha aproximación global aos impactos na pesca e as adaptacións, para logo afondar nos sistemas socio-ecolóxicos pesqueiros en tres casos de estudo, entre eles o sector artesanal galego. Preme aquí para ver un artigo relacionado e aquí para ver un vídeo.