Novos restaurantes adheridos: Marlima I e Marlima II

Os restaurantes Marlima I e Marlima II adheríronse en maio ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nos seus locais, ambos na localidade de Sanxenxo, ofrecen á súa clientela unha ampla variedade de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.

Entre as súas especialidades destaca o arroz con lumbrigante e os peixes do día, que se poden degustar dende as súas terrazas con vistas á Ría. Dispoñen de viveiros propios e tamén preparan comidas por encargo.

Nova peixería adherida: Carrefour A Coruña

Dende o pasado mes de maio a peixería do hipermercado Carrefour de A Coruña está adherida ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Tras a adhesión este ano da peixería do hipermercado de Carrefour Ferrol e de Carrefour Market en Sanxenxo, son xa tres os establecementos que esta cadea ten adheridos á marca, nunha clara aposta pola pesca artesanal e os produtos de proximidade.

Busca o distintivo do selo!

Certificacións

En maio, a empresa Majeja Mariscos, S.L. (depuradora, cetárea, distribuidora e transformadora) certificouse no selo pescadeRías para os grupos biolóxicos bivalvos, crustáceos, cefalópodos e peixe. A Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz (bivalvos) renovou a súa permanencia na marca superando a auditoría de recertificación. As Confrarías de Pescadores de A Pobra do Caramiñal (bivalvos, crustáceos, cefalópodos e peixe) e de Porto do Son (cefalópodos, bivalvos, peixe, crustáceos e equinodermos) e a Cetaria Salitre (crustáceos, cefalópodos, bivalvos e peixe) tiveron auditorías de seguimento no selo.