A Consellería do Mar presentou en Bruxelas o vídeo Galicia, desde o mar (Galicia, by the sea), que conta coa participación de profesionais do sector pesqueiro galego que relatan o seu día a día e amosan o que para eles significa traballar no mar. O seu obxectivo é dar a coñecer ao executivo comunitario a realidade do sector e que ésta sexa tida en conta á hora de tomar medidas relacionadas coa xestión pesqueira. Preme aquí para ver o vídeo.