Do 5 ao 7 de outubro celebrouse a edición número vinte e dous da Feira Internacional de Produtos do mar Conxelados, CONXEMAR, no Instituto Ferial de Vigo.
A Feira CONXEMAR, consolidada como referente do sector do conxelado a nivel mundial e cunha superficie expositiva actual de 31.500 m2, serviu de escaparate internacional para o sector transformador: maioristas, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria e industria auxiliar. Nesta edición participaron 486 expositores procedentes de 28 países.
A Consellería do Mar estivo presente co stand institucional da Xunta de Galicia que serviu de punto de encontro para os profesionais do sector do mar. Tiveron stand propio as empresas certificadas Mariscos Daporta S.L., Frigoríficos de Camariñas S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S. L. e Frinsa del Noroeste S.A.