Do 17 ao 20 de outubro, celebráronse as IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, organizadas pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.
Os cociñeiros Iván Domínguez (Restaurante NaDo), Daniel López (Restaurante O Camiño do Inglés), Fernando Agrasar (Restaurantes As Garzas e Salitre), Cristian Santiago (Restaurante Marea) e Óscar Vidal (Asador O Pazo), coñeceron de primeira man o marisqueo na Ría de Muros-Noia e a calidade do produto, a selección do berberecho na lonxa e o proceso de depuración. Xa pola tarde, ofreceron unha masterclass co Berberecho de Noia como ingrediente principal. Preme aquí para ver un vídeo das actividades realizadas.