O 14 e 15 de xullo celebraranse en Cambados as XVII Xornadas de Exaltación da Vieira organizadas por Porto de Cambados S.L., coa colaboración da Confraría de Cambados e a Consellería do Mar, entre outras entidades. As Xornadas de degustación, protagonizadas por vieira certificada, levaranse a cabo baixo a batuta dos cociñeiros Diego López, Manuel Garea, Fran Sotelino e María Varela. Festa declarada de Interese Turístico Galego. Descarga aquí o cartel.