O 21 de novembro presentouse en Vilagarcía de Arousa, o estudo sobre A Situación Profesional das Mulleres do Mar de Arousa promovido polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, co obxectivo de realizar unha radiografía da realidade social e profesional deste colectivo e amosar os avances, en materia de igualdade no sector. As conclusións obtidas foron o resultado do traballo de campo realizado con empresas e entidades do sector e cuestionarios e entrevistas a profesionais do eido marítimo-pesqueiro.
Mulleres do Mar na Ría de Arousa
