O Galp Ría de Arousa obtivo o primeiro premio do concurso internacional convocado pola Asociación Internacional de Mujeres en la Industria Pesquera (WSI) grazas ao vídeo The Arousa Sea Women (Mulleres do Mar de Arousa), que retrata o día a día das traballadoras do mar. O certame pretende amosar exemplos de mulleres que poidan servir de modelos proactivos e positivos. Podes ver o vídeo no seguinte enlace.
Mulleres do Mar de Arousa
