O muxo é un peixe semigraxo exquisito, dunha excelente calidade, que atopamos no mercado a un prezo moi asequible, procedente de augas abertas.
Francisco Caneda, profesor de cociña, amósanos como preparalo escabechado e acompañado de verduras e alga wakame. Esta preparación foi presentada nas xornadas A Cociña do Mar organizadas por EMGROBES durante a última edición da Festa do Marisco de O Grove. Aquí podes ver a receita.