O pasado mes de setembro comezou a campaña do berberecho de Noia. No mercado podemos atopalo fresco ou en conserva, certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
Este mes propoñemos a receita Berberechos con cogomelos, laranxa e alioli de alfábega publicada no libro “Entre latas e tixolas, cociña creativa con conservas de peixe e marisco” de Anfaco-Cecopesca e a Xunta de Galicia. Podes vela premendo aquí.