Este mes non deberíamos perder a oportunidade de incluír a xarda nos nosos menús. Ademais de estar no seu mellor momento de consumo e do seu elevado valor nutricional, o seu prezo é moi asequible por estar en plena tempada.
Anxo Trives, do Hostal Restaurante La Viuda en A Pobra de Trives, integrante do grupo Cociña Ourense, grupo representativo dos cociñeiros desta provincia, amósanos como preparala con pasta nunha receita que podes atopar premendo aquí.