O sargo é un peixe semigraxo, frecuente na nosa pesca artesanal, moi saboroso e que podemos atopar con facilidade na nosa peixería de confianza. Ademais das proteínas de boa calidade que nos aporta, contén selenio, que fortalece o sistema inmune e combate o envellecemento, así como vitaminas do complexo B.
Ignacio Cancela, chef do Restaurante San Francisco, situado no corazón da vila mariñeira de Malpica de Bergantiños e adherido recentemente ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, amósanos como preparalo ao forno, de xeito sinxelo, acompañado de produtos da horta de tempada.
Unha receita lixeira, nutritiva e chea de sabores a mar e terra. Podes consultala premendo aquí.