O choco é un molusco cefalópodo baixo en calorías e rico en iodo, oligoelemento indispensable para o correcto funcionamento da glándula tiroides. Tamén é destacable o seu contido en vitamina E e selenio.
Este mes Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas en Lalín, ofrécenos esta proposta para preparalo á grella que foi presentada na edición de 2022 do Salón de Alimentación do Atlántico – SALIMAT A BANCA. Preme aquí para acceder á receita.