Durante o mes de febreiro impartiuse formación en Manipulación de Produtos Pesqueiros a responsables e persoal da lonxa da Confraría de Pescadores de A Guarda, a persoal responsable da manipulación do ourizo na empresa Mariscos Calimar, S.L. e a persoal da depuradora da Confraría de Pescadores de Cedeira. Estes últimos recibiron tamén formación sobre sistemas de Análise de Puntos de Control Crítico así como información sobre o selo pescadeRías, ¿de onde se non?.