Os restaurantes Marlima I e Marlima II adheríronse en maio ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
Nos seus locais, ambos na localidade de Sanxenxo, ofrecen á súa clientela unha ampla variedade de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.
Entre as súas especialidades destaca o arroz con lumbrigante e os peixes do día, que se poden degustar dende as súas terrazas con vistas á Ría. Dispoñen de viveiros propios e tamén preparan comidas por encargo.