O pasado 16 de marzo tivo lugar unha charla informativa a minoristas da praza de abastos de Ribeira sobre a marca de calidade pescadeRías, ¿de onde se non?.
A marca distingue a peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal, sendo a Lonxa de Ribeira unha das máis importantes lonxas de baixura en Galicia en canto a volume de ventas.
Nos mercados de abastos podemos atopar unha ampla variedade de produtos frescos do día, amparados polo selo. Mira as etiquetas e busca o distintivo.