Contamos con tres novas entidades adheridas ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?: Peixes Niki, Peixes Lano e Pescados Raúl y Susa. Están ubicadas no mercado da Magdalena de Ferrol, no emblemático edificio modernista coñecido como «La Pescadería», obra do arquitecto Roberto Ucha. Benvidos!
A Lonxa de A Illa de Arousa, certificada para bivalvos e algas, ampliou o seu alcance de certificación a antozoos. Aquí podes ver un vídeo que amosa o proceso de extracción a mergullo das ortiguillas (Anemonia viridis) na Ría de Arousa. Foi gravado por Fran Paz Castro e Víctor Otero Outeda.
Moitas grazas!