A campaña marisqueira en Noia pechou o 28 de marzo coa extracción de 2,3 millóns de kilos de moluscos bivalvos e unha facturación de 18 millóns de euros. Os máis de 1500 mariscadores, entre a pé e a flote, volverán a faenar no mes de setembro. Tamén finalizou a campaña da volandeira na Ría de Arousa ata o mes de novembro e a captura de lumbrigante ata o 1 de xullo. Por outra banda, o 1 de abril comezou o marisqueo a flote nas autorizacións da Confraría de Muros e o marisqueo a pé nas zonas de libre marisqueo xestionadas polas confrarías de Noia e Muros.