O 1 de xullo, nécoras e lumbrigantes regresaron ás lonxas galegas despois de finalizar o período de veda para ambos crustáceos. O 5 de xullo finalizou a veda do polbo conforme se recolle no plan experimental para a xestión desta especie. En canto aos peches, a centola entrou en veda o pasado 19 de xuño desde a desembocadura do río Miño ata o cabo de Estaca de Bares e o 26 de xuño entre Estaca de Bares e o Río Eo. Por outra banda, publicouse a Resolución pola que se autoriza o Plan de Xestión coa arte de boliche entre os meses de xullo e outubro de 2021.