O proxecto “SEATRACES: ferramentas intelixentes de trazabilidade y etiquetado para unha produción pesqueira sostible” ten como obxectivo desenvolver métodos que permitan controlar e verificar a información presente nas etiquetas dos produtos da pesca e acuicultura e demostrar as vantaxes da trazabilidade para os produtores.
Carmen González Sotelo, investigadora no CSIC e coordinadora de SEATRACES, explícanos neste artigo, algún dos aspectos e actividades que aborda o proxecto. Premendo aquí, accederás á 2ª Conferencia do proxecto impartida por Carmen González Sotelo.