A sardiña, a xarda e o xurelo son peixes azuis cuxo consumo está asociado aos meses de verán. As tres especies son ricas en proteínas e ácidos graxos insaturados tipo omega-3, beneficiosos para a saúde, destacando o seu papel na prevención de doenzas cardiovasculares e dexenerativas. Podes descargar unha ficha informativa premendo aquí.
Aínda que a partir de agora non estarán na súa mellor época de consumo en fresco, pódense seguir atopando nos mercados tanto en fresco como en conserva.