A Xunta de Galicia comezou a aplicar a tecnoloxía blockchain á trazabilidade da marca de calidade pescadeRías, de onde se non?. Incorpórase como parte do proceso de cada operación da cadea de trazabilidade ata que chega ao consumidor final. A aplicación permite poñer a disposición das persoas usuarias un informe completo de trazabilidade que pode atopar en calquera etiqueta do produto, que presenta, entre outras, as características do peixe ou marisco, a data e zona de captura, peso e a traza de todos os axentes da marca polos que pasou ese produto.