As peixerías adheridas á marca pescadeRías ¿de onde se non? contan con dous novos espazos na nosa web, un para establecementos físicos e outro para tendas online. Trátase dun novo paso á hora de visibilizar os produtos da pesca artesanal galega nos puntos de venda, facilitando aos consumidores información sobre establecementos e tendas online que dispoñen habitualmente de produto certificado. No caso dos minoristas con punto de venda físico, facilítase o enderezo, contacto, horario de apertura e servizos que presta (cobro con tarxeta, reparto a domicilio, recollida de pedidos por teléfono, etc.) No caso das tendas online, a web remite á propia páxina do establecemento a través dunha ligazón.
Nova sección de Peixerías na web
