Do 4 ao 7 de abril celébrase na cidade de Barcelona o Salón Internacional de Alimentación, Bebidas & Food Service – Alimentaria. Este encontro é un evento internacional de referencia para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e food service. Unha cita obrigada coa innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector.
A Consellería do Mar participa no evento cun stand con espazo para 26 empresas coexpositoras das cales oito están certificadas por pescadeRías, ¿de onde se non?: Porto – Muíños, S,L., Conservera Gallega, S.A., Conservas Portomar, S.L.U., Conservas La Brújula, S.L., Mariscos Daporta, S.L., El Percebeiro, S.L., Mariscos Camino, S.L. e Fish Factory, S.L. A maiores, estarán presentes na feira as empresas certificadas Real Conservera Española, S.L. e HQ Seaweed S.L.