O día 7 de agosto terá lugar a XV Festa do longueirón en Fisterra. Organizarase unha visita ao Museo da Pesca ubicado no Castelo de San Carlos, na que se darán a coñecer os oficios do mar. Ademais, realizarase unha actividade de identificación de moluscos na que aprenderemos a diferenciar entre o longueirón e outros bivalvos solénidos. O broche de ouro, degustación a cargo de Manel Oliveira, da Tapería Castelao de Santiago de Compostela, que nos dará as pautas para preparar as mellores receitas con este manxar.
Descarga aquí o cartel con toda a información.