Dende o 11 de xullo, os produtos do mar certificados dispoñen dunha nova ecoetiqueta asociada a pescadeRías, ¿de onde se non?, pescaenverde, que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente.
O acto de presentación, celebrado na lonxa de Portonovo, foi presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz e o patrón maior da Confraría de Pescadores de Portonovo José Antonio Gómez Castro. Asistiron representantes de confrarías de pescadores certificadas. Aquí podes ver a noticia do evento na Televisión de Galicia.
pescadeRías, ¿de onde se non? & pescaenverde, a nova alianza da pesca artesanal
