Durante o mes de agosto, a campaña promocional en establecementos de comercio minorista adheridos realízase nas localidades de A Coruña, Ferrol, Narón, Cedeira, Cee e Fisterra. Para participar, debes facer unha foto a un produto do mar coa etiqueta de pescadeRías nunha peixería adherida indicando o nome da mesma, e subila ás nosas redes sociais como comentario na publicación do sorteo.
Sorteamos vales para a compra de peixe ou marisco e kits promocionais. Consulta as bases premendo aquí.