En decembro, iníciase en Noia a extracción de ostra plana (Ostrea edulis) desde embarcación. Outras lonxas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? onde atopamos este bivalvo son as de Barallobre e Mugardos, que concentran a meirande parte das capturas, e as de Bueu, Rianxo, Pontedeume e Cambados. Aquí podes ver un vídeo co proceso desde a captura ata a chegada á Lonxa de Testal (Noia).
Apertura da ostra en Noia
