O sábado 26 de novembro o Concello de Sanxenxo e a Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo presentaron a vindeira edición da Festa da Raia 2017 que se celebrará os días 29 e 30 de abril. O alumnado do Obradoiro de Hostelaría do Salnés elaborou en directo dous pratos a base de raia da ría, con exemplares capturados pola flota pesqueira artesanal local coincidindo coa apertura da veda desta especie.
Presentación da Festa da Raia 2017
