Dada a petición que realizaron diversas lonxas certificadas para poder etiquetar coa marca especies non incluídas no seu Regulamento, realizouse unha análise da que resultou unha listaxe de 33 novas especies que cumpren os requisitos establecidos pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?. A Consellería do Mar ven de aprobar dita listaxe e as lonxas certificadas xa poden etiquetar co selo pescadeRías as especies que a continuación se relacionan: alfóndega (Chelidonichthys lucerna), barbada común (Gaidropsarus vulgaris), berete (Chelidonichthys lastoviza), bolo branco (Gymnammodytes semisquamatus), bonito do Atlántico (Sarda sarda), cazón (Galeorhinus galeus), escacho cremalleira (Aspitrigla cuculus), escarpón (Callionymus lyra), lorcho (Gobius spp), madrela (Ciliata mustela), muxo beizos finos (Liza ramada), muxo cabezudo (Mugil cephalus), muxo dourado (Liza aurata), lisa (Chelon labrosus), peixe araña (Trachinus draco), peixe pau (Molva dypterygia), quenlla (Prionace glauca), raia boca de rosa (Raja brachyura), raia coreada (Raja microocellata), raia cravuda (Raja clavata), raia de pintas (Raja montagui), raia riscada (Raja undulata), raia santiaguesa [Leucoraja (Raja) naevus)], rapantes (Lepidorhombus spp), roxa (Scyliorhinus stellaris), alosa (Alosa fallax), bodión (Symphodus spp), tapa (Zeugopterus punctatus), tomás (Epigonus telescopus), trancho (Sprattus sprattus), xurelo do Mediterráneo (Trachurus mediterraneus), xurelo negro (Trachurus picturatus) e zamborca (Alosa alosa).
Fonte das imaxes: www.ictioterm.es