A Dirección Xeral de Pesca e Asuntos Marítimos da Comisión Europea (DG MARE) destaca como historia do mes, no seu boletín de novas de febreiro, o proxecto da marca pescadeRías, ¿de onde se non?. A Comisión Europea amosa diferentes aspectos da marca e como o proxecto, apoiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), contribúe a por en valor á pesca artesanal en Galicia, aos produtos e axentes que engloba a marca e aos oficios do mar implicados. Previamente, no ano 2019 a Comisión Europea publicou un vídeo sobre a marca pescadeRías, ¿de onde se non? destacándoa como exemplo de boas prácticas.
Preme aquí para ver a nova publicada no boletín da Comisión Europea.