Convocatoria de Axudas para a innovación no sector pesqueiro, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022.
Convocatorias de axudas
![](https://deondesenon-newsletter.com/wp-content/uploads/2022/01/axudas.png)
Just another WordPress site
Mariscos Laxe de Rons, nacida da experiencia de máis de 15 anos traballando cos mellores restaurantes e hoteis en Galicia e España e certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, adícase á venta de marisco e peixe ao por maior e detalle.
Os seus produtos poden ser adquiridos na súa tenda on line, tamén adherida ao selo, dende a cal realizan envíos a domicilio en transporte refrixerado a toda a península en menos de 24 horas
Pescados Sami adheriu ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? tanto o seu establecemento na localidade de Raxó como a súa peixería ambulante.
En Vigo, o restaurante Casa Obdulia ofrece unha cociña de autor a base de produtos de proximidade procedentes das lonxas da contorna.
Casa Barqueiro é un restaurante familiar situado en Negreira en pleno camiño de Santiago a Fisterra que oferta unha cociña sinxela, de pratos tradicionais con ingredientes frescos e de tempada tanto de mar como de terra.
No mes de xaneiro a empresa conserveira de Xove (Lugo) Conservas artesanas Curricán, S.L. (cefalópodos) e a Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados (Primeira venta de bivalvos, cefalópodos, crustáceos, peixe, algas, e planta de procesado de vieira) tiveron auditoría de recertificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non?,
Por outra banda, Porto de Cambados, S.L. (bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes) tivo unha auditoría de seguimento no selo de calidade.
O crecemento azul é unha estratexia a longo prazo de apoio ao crecemento sostible dos sectores mariño e marítimo; coa que se busca aproveitar o potencial dos océanos, mares e costas incentivando enfoques que favorecen o crecemento, a conservación e a pesca sostible.
O Real Decreto 1155/2021, do 28 de decembro, establece as bases reguladoras das subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos en materia de crecemento azul no sector pesqueiro e da acuicultura, e as convoca para 2022 e 2023.
A trazabilidade dos produtos pesqueiros debería permitir verificar a súa procedencia de fontes legais, sostibles e a seguridade para o consumo humano. A pesar de que se coñece ben o estado actual de capturas e consumo de cefalópodos a nivel mundial, non existen normativas específicas nin sistemas de seguimento para estudar a súa trazabilidade a nivel internacional. Este baleiro de información motivou a un equipo liderado por Andrés Ospina-Álvarez e Sebastián Villasante a realizar un estudo no que analizaron en detalle vinte anos de estatísticas oficiais, recompiladas pola ONU, sobre o comercio mundial de cefalópodos. Preme aquí para ver un artigo relacionado.
Coincidindo co reinicio da campaña da viera na Ría de Arousa, Juan Manuel de la Cruz, chef do Restaurante Casa Obdulia en Vigo e adherido o pasado mes ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, amósamos como preparar este bivalvo tan representativo da nosa gastronomía nunha delicada receita: Vieira á grella sobre crema de grelos e tinta de choco.
As vieiras son fonte de proteínas con baixo contido en graxas. Destaca o seu aporte en ácidos graxos omega-3, así como de niacina e vitamina B12 e contén selenio, fósforo, calcio, ferro, iodo e potasio. Preme aquí para ver a receita.