Do 2 ao 5 de xuño celebrouse en Silleda unha nova edición do Salón Alimentario del Atlántico – SALIMAT A BANCA, un dos principais foros e puntos de encontro do sector agroalimentario a nivel nacional e referente no noroeste peninsular.
A Consellería do Mar estivo presente, como todos os anos, cun stand institucional e unha sala de catas onde se degustaron produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. As preparacións, nas que se utilizaron xarda, xurelo, sargo, sardiña, choco, zamburiña, navalla, longueirón vello, ameixa rubia e ameixón, foron levadas a cabo polos/as cociñeiros/as Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas, Lalín), Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia), Moisés Rodríguez (El taller de bienestar, Ourense) e Maica Couto e Diego Domínguez (A Ostrería – Nave 5, Santiago de Compostela). Así mesmo, as empresas certificadas polo selo pescadeRías, HQ Seaweed, S.L. (Capitán alga) e Fish Factory, S.L. (La Curiosa), contaron con stand no evento. Preme aquí para ver un vídeo.