Do 17 ao 20 de abril celebrouse en Madrid a 36 Edición do Salón de Gourmets. A Consellería do Mar estivo presente cun stand institucional xunto con 23 empresas coexpositoras entre as que se atopaban as seguintes entidades certificadas: Conservas La Brújula, S.L., Fish Factory, S.L., Conservera Gallega, S.A., Real Conservera Española, S.L., El Percebeiro, S.L. e Porto – Muíños, S.L. A empresa certificada Conservas Portomar, S.L.U. tamén participou na feira con stand propio.
Os produtos pescadeRías, ¿de onde se non? estiveron presentes en diferentes catas celebradas no Espazo Degustación do stand: ourizo, choco e algas en «Suculento Tesouro Atlántico», con Emma Pinal de Gastrobar O Birrán de Ribadavia; polbo e pinto en “pescadeRías: A Despensa da Pesca Artesanal”, a cargo de Criselda Iglesias da Taperia Lecer de Cangas; rodaballo e navallas en “pescadeRías: de Proximidade e con Selo Propio” capitaneado por Héctor López, do Restaurante España de Lugo; sardiñas e xardas en “pescadeRías: Azul de Portosín” coa colaboración da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín; e, para rematar, ameixón, carneiro e cornicha en “pescadeRías: Especies Descoñecidas», coa colaboración de El Percebeiro, S.L.
Premendo aquí podes ver un vídeo do noso paso pola feira.